O madrugón de rigor, 30 minutos mais de madrugón exactamente, paramos a tomar u café polo camiño e fomos a Cangas de Narcea, que está algo lonxe.
A ruta preciosa entre carballos, pisando ese suelo blandiño tan estilo Paso Miúdo, e a baixada si que moi dura, pero visto a ausencia de secuelas posteriores neste corpo sedentario, pois non foi tan dura como lo pintan.
Almorzamos una comida sinxela e rica e se caeron unas siestas á volta, todo moi Paso Miúdo, vamos.
Deso quería falar, agora que estou ás portas dun novo futuro boto a vista atrás. Aquela primeira ruta hai tantos anos por Taramundi, a ruta da Auga, onde miña irmá e mais eu dixemos que había que facerse socio ya, esa chegada as Veigas cheirando a ese fume aromático da nosa madeira, a sidrina escanciada alí e nos Teixois, esa comida todos xuntos, os parrafeos que nos botamos con todos, cos anos foi vindo outra xente, outros deixaron de vir, bótase de menos a moitos deles, inmunerables rutas por sitios preciosos, inumerables comidas ricas, e picnics, e churrasqueos, inmunerables parrafeos varios, sobre o humano e lo divino, rutas con 4 personas, rutas con 24, fines de semana en sitios excelentes sempre.
Foron uns anos con baixóns tanto no anímico como no físico, pero sempre una vez o mes te xuntas cunhas persoas para pasar o domingo na natureza, en tempos aciagos nunca deixei de levantarme cedo un domingo, tras traballas o sábado á noite na pulpería, para compartir andaina con vosoutros, salvo por non poder físicamente.
Ahora que xa marcamos a vida por decenios Paso Miúdo foi o mais determinante desta década dos 30, atopei por fin una actividade física que me satisface, un grupo afín, de xente moi diferente a min, pero que me alegrou moitos días en épocas mais ben tristes, e sobre todo, e como colofón, que gracias a Paso Miúdo me encontrou a persoa coa que pretendo compartir o que me quede de vida.
Este grande e esperanzador futuro que se abre ante nosoutros pretendemos compartilo con todos vosoutros, una vez ó mes polo menos, na próxima ruta non estamos, pero para a seguinte nos vemos na natureza para compartir un domingo cos que queirades.
Un saúdo.
Juan.
Powered by Wikiloc